Resumo do traballo desenvolto ao longo deste ano 2014
Resumimos nestas liñas, pouco máis que en titulares, as actividades que, ao longo deste ano 2014, foron desenvolvidas, en colaboración, organizadas ou mesmo como asistentes a xornadas de formación necesarias para poder realizar con eficiencia a nosa labor.
Realmente foi un traballo inxente pero, ao contrario do que se poda pensar, motiva!
Deste exito, rematamos o 2014 botando unha ollada ao traballo feito, a tanto esforzo dedicado ao Ensino Público. Se algo pretendiamos, foi loitar na defensa do Ensino Público Galego no noso ámbito de actuación, na Costa da Morte. E, nas nosas posibilidades, así continuaremos no ano que esta a piques de aparecer.
Para acceder a máis datos chega con clicar nas ligazóns.
Xaneiro 2014
– Apoiamos na primeira reunión de xaneiro de 2014 a convocatoria de folga estudantil do 20 de febreiro de 2014.
– Formalización do Ingreso na Confederación de Anpas Galegas.
– Participamos en varias das etapas do Camiño dos Faros da Costa da Morte, a función era axudar a visibilizar a Costa da Morte.
– Presentamos nos consellos escolares dos centros educativos públicos unha solicitude para que a consellaría de educación retome o xusto sistema de préstamo universal do bipartito e que o actual goberno abandonou, como participantes dunha das moitas iniciativas da Confederación de Anpas Galegas.
– Representados pola Confederación de Anpas Galegas, estivemos no Parlamento Galego para falar de Ensino Público.
Febreiro.
– Participamos na Campaña 2014 da Confederación de Anpas Galegas para reivindicar a gratuidade dos libros de texto e material escolar no Ensino Público Galego.
– Celebramos o I aniversario da federación deANPAs da Costa da Morte.
– As ANPAs da Costa da Morte na Universidade da Coruña. Participamos na mesa redonda da UDC sobre a autonomía pedagóxica:Calidade e Xestión Democrática (das xornadas da NEG).
– Entrega dos Premios Rosalía e Werto das ANPAs da Costa da Morte.
Marzo.
– Apróbase a asistencia a Xornadas de atencióná diversidade ao longo de todo o2014 para formarnos en NEAE.
– Vimos nacer, con grande satisfacción, a asociación de NEAE “ Aloumiños” da Costa da Morte.
– Criticamos o sistema da consellaría de Educación de elección de director@s de centros públicos (a dedo).
Abril.
– colaboramos nas Xornadas Forem-Fórum enCarballo (II Foro da Formación e a Empresa).
– Rexeitamos o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2014/15 por inxusto e fomentador da desigualdade.
Maio.
– Asistimos ás xornadas de Inclusión Educativa FOANPAs en Vigo.
– Colaboramos activamente na organización da II Xuntanzade Anpas Galegas (24 de maio de 2014). Contamos coa colaboración do concello deVimianzo .
– Organizamos novas mobilizacións na Costa daMorte (nas cabeceiras de comarca de Cee e Carballo) contra a LOMCE e contra os recortes no Ensino Público coa Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
– Asistimos ás xornadas de Formación e Sensibilización sobre a atención á diversidade das ANPAs de Betanzos.
Xuño.
– Reiteramos a necesidade de volver ao sistema universal de libros de préstamo e material escolar en vez do actual de “gratuidade solidaria”.
– Participamos nas mobilizacións do 4 de xuño, onde escribimos unha carta pública ao goberno (nun “folio” dun tamaño 5×6 metros) rexeitando a LOMCE e os recortes no Ensino Público Galego.
– Reclamamos medidas reais de tratamento integral da situación socioeducativa familiar, non simple apertura de comedores no verán.
Agosto.
-O peche da escola rural de Carnés, en Vimianzo era un tema da entrevista co xefatura territorial. A súa paralización foi posible grazas ás accións dun colectivo considerable (concello, veciñ@s, …). Falamos coas persoas implicadas.
Setembro.
– Debatemos sobre educación dixital logo de que a consellaría de educación convocara un experimento que aínda non sabemos a onde vai chegar: estamos a favor da utilización de medios dixitais na educación pero queremos que sexan para tod@s e en todas partes, fornecendo previamente ao profesorado da formación necesaria, cun programa de implantación veraz e responsable e, outra vez, coa dotación económica precisa; non imos calar mentres se pretenda educar ás nosas fillas e fillos dun xeito desigual e discriminatorio. Iniciativa da Confederación de Anpas Galegas
– Interesámonos pola situación provocada pola lei 27/2013 de racionalización e sostibilidade da Administración Local: certamente queremos que a Xunta asuma todos os servizos educativos que hoxe en día prestan os concellos, e mesmo que o faga ampliándoos a toda Galiza, pero queremos que iso ocorra dentro dun plan organizado, cun calendario e cunha dotación económica, non por execución de lei e sen planificación. Iniciativa da Confederación de Anpas Galegas.
Outubro.
– Recadamos numerosos informes e queixas das ANPAs dos diversos concellos das comarcas da Costa da Morte, debido aos recortes en profesorado. A estes, súmanse os recortes en atención á diversidade, xa que a consellaría reduce o profesorado con contratos a tempo total de Pedagoxía Terapeútica, Audición e Linguaxe e Orientación ao suprimir prazas e optar por un sistema de mantemento de docentes itinerantes que teñen que compartir docencia en varios centros, o que vai impedir atender adecuadamente ao alumnado.
– Participamos na posta en común das federacións de Anpas Galegas que tivo lugar en Vigo.
– Colaboramos nas xornadas de formación para nais e pais “Aprender para Educar” (a presenza dos menores na rede e a familia como contexto socializador) organizadas pola AS-PG e que se desenvolveron ao longo da Costa da Morte do 17 de outubro a 21 de novembro.
Novembro.
– Remate das xornadas Aprender para Educar da ASPG.
– Dando primeiros pasos para deseñar a Comisión NEAE.
– Dando os primeiros pasos para a formación sobre accesibilidade nos centros educativos, a través da Confederación de Anpas Galegas e COGAMI.
Decembro 2014
– Analizamos os orzamentos 2015 da consellaría de Educación, partidas económicas que consideramos propias dunha brigada de desmantelamento do Ensino Público.
– Asistimos ao inicio do Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade na Costa da Morte, un programa da Asociación Aloumiños que comezou o pasado 19 de decembro de 2014 e rematará o 17 de abril de 2015. No programa desenvolveranse 12 actividades, ademais dos obradoiros, que leva de compañeira de viaxe á Universidade da Coruña cun número de considerable de profesionais e a colaboración do concello de Carballo.
– Precisamente, coa asociación Aloumiños e profesionais de orientación dos centros de ensino público da Costa da Morte pretendemos constituír a comisión NEAE. A comisión NEAE ten que ser aprobada nas diversas asembleas.
– Solicitude para que os Consellos Escolares continúen funcionando como o órgano de xestión e control de cada centro educativo.
– Participamos na xornada sobre o Ensino Público das Pontes
Comentarios recentes