Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade na Costa da Morte
Ás 20:00 h. no salón de actos do Forum do concello de Carballo, dou comezo a primeira conferencia do programa. Pamela Cundíns (logopeda de ASPACE) e Sandra Mosquera Paredes (educadora social, psicopedagoga e master en Psicoloxía Aplicada) falaron sobre a Parálise Cerebral Infantil: etioloxía/diagnóstico e intervención.
A seguinte xornada “TEA, etioloxía, diagnóstico, tratamento e curso do trastorno” terá lugar o venres 9 de xaneiro.
Programa completo: programa UDC
Podes acceder a máis datos na páxina da asociación Aloumiños
Media hora antes, ás 19:30 h. , quedaron inauguradas as xornadas do Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade da asociación Aloumiños. Participaron Evencio Ferrero alcalde de Carballo; Ana Mª Iglesias Galdo, decana da Facultade de Ciencias da Educación; María Becerra Trigo, presidenta da Asociación Aloumiños; Manuel Peralbo Uzquiano, director do Grupo de Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Aprendizaxe e da Aprendizaxe Escolar da UDC; Ana I. Vázquez Lojo, presidenta do Colexio de Logopedas de Galiza; Andrea Alonso Veigue, presidenta da Asociación Galega de Terapeutas Ocupacionais
Comentarios recentes