A posta en común das federacións de Anpas Galegas en Vigo
A directiva da Confederación ANPAS GALEGAS reunímonos en Vigo este 25 de outubro dun xeito distinto ao que acostumamos xuntarnos, variamos a sede (as reunións ordinarias son en Compostela), a duración e os contidos. A reunión alongouse toda a xornada, cun pequeno descanso para xantar, e na que se falou de todos os temas que están actualmente nas preocupacións das federacións participantes, e das súas anpas asociadas.
Logo da exposición das diversas experiencias das oito Federacións que compoñemos ANPAS GALEGAS (entre elas a federación de ANPAs da Costa da Morte), concluímos que existe un modelo arrastrado doutros tempos que identifica ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnos como organizacións adicadas á prestación de servizos educativos complementarios, e que ese modelo está afianzado na colectividade de tal xeito que as familias descargan ás administracións públicas das súas obrigas en prexuízo de si propios, porque ao final as ANPAs non somos cousa diferente das familias.
Este modelo trae unhas consecuencias non procuradas, nin queridas, que expresa o artigo publicado na nosa confederación.
Comentarios recentes