Tribunal Supremo anula a Orde pola que se aprobaron os concertos educativos para os centros que segregan o alumnado por xénero.
O sindicato CIG-Ensino presentou (e gañou) a demanda diante doTribunal Supremo contra a Consellaría de Educación por conceder concertos a centros de ensino privado que segregan ao alumnado por xénero.
A Sentenza, que podedes descargar clicando nesta ligazón SentenzaContraSegregación, di claramente que a Orde do ano 2009 que recollía este concertos queda anulada para os centros Peñaredonda, Montespino, Aloya, Acacias e Montecastelo “por non ser conforme a dereito”.
Afirma a sentenza “É verdade que o artigo 84.3 da Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación, si inclúe o sexo entre as causas polas que non poderá discriminar os alumnos na admisión aos centros públicos e aos concertados. Tendo en conta que a súa disposición adicional vixésimo quinta asegura unha atención preferente e prioritaria aos centros que desenvolvan o principio de coeducación en todas as etapas educativas. En definitiva, non poden comprometerse fondos públicos, pola vía dos concertos educativos, máis alá dos presupostos previstos pola lei.”
Do mesmo xeito que na federación de Anpas da Costa da Morte aplaudimos a sentenza do tribunal e a iniciativa de CIG Ensino, rexeitamos o comportamento da Consellaría de Educación, a cal dedicou cartos públicos – incumprindo a lexislación vixente para fomentar centros privados que discriminan ao alumnado por razón de xénero – mentres asolaga inxustamente de recortes os centros de Ensino Público, de todas e de todos.
Comentarios recentes