II encontro de Anpas Galegas
Adiantamos información sobre o II Encontro de Anpas Galegas, a realizar o 24 de maio en Vimianzo, que organizamos coa colaboración do concello de Vimianzo.
Este é o segundo encontro de ANPAs que se realiza a nivel galego, no que participan todas as federacións de Anpas Galegas. O primeiro tivo lugar na cidade de Lugo, organizado pola federación provincial de Anpas de Lugo FAPACEL. Neste II encontro, organizado pola federación de Anpas da Costa da Morte, contamos coa colaboración do concello de Vimianzo. Nel participarán as ANPAs da Costa da Morte e representantes das diversas federacións de ANPAs Galegas.
Comentarios recentes