O proxecto de Educación Dixital da Xunta de Galiza é un modelo de improvisación e investimento en propaganda.
O día 30 de abril publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.
Pero este proxecto pretende realmente organizar a educación dixital do alumnado cunha convocatoria que só dá un mes ao profesorado para elaborar un proxecto docente que implique a todo o curso seguinte?
O seu obxectivo aparece claramente explicado nun documento publicado na páxina da Confederación de Anpas Galegas. Para acceder a el clica aquí
Comentarios recentes