Asistimos ás xornadas de Formación e Sensibilización sobre a atención á diversidade das ANPAs de Betanzos
Asistimos ás xornadas de Formación e Sensibilización sobre a atención á diversidade de Betanzos, organizada polas ANPA Brigantium e o CEIP Francisco Vales Villamarín, xunto coa ANPA O Carregal e o IES Francisco Aguiar. Estas xornadas están patrocinadas polo Concello de Betanzos.
As xornadas tiveron lugar o 9 e 10 de maio de 2014 co obxectivo de formar e informar á comunidade educativa sobre os modelos e perspectivas inclusivas máis axeitadas para atender á diversidade do alumnado.
Este obxectivo pretende cumprirse a través de diversas conferencias, experiencias prácticas, debates e exposicións, ao tempo de ser punto de encontro e colaboración entre as e os profesionais das diversas etapas educativas e as familias, co fin último de mellorar a educación do alumnado.
Participaron profesionais de recoñecido prestixio dentro do campo da ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, ademais de dar voz e presenza ás asociacións e ás entidades que prestan os seus servizos e axuda a rapazas e rapaces con algún tipo de discapacidade ou necesidade educativa, e ás súas familias, xa que son un piar fundamental no camiño, ás veces tan duro, cara á inclusión educativa e social.
Comentarios recentes