Xornadas Forem-Fórum en Carballo
Dende a Federación de Anpas da Costa da Morte, achegamos información sobre o II Foro da Formación e a Empresa, para o alumnado e as familias de 3º e 4º da ESO e Bacharelato.
Terá lugar en Carballo os días 24 e 25 de abril e está organizado por:
– concello de Carballo.
– IES de Carballo: Alfredo Brañas, Monte Neme e Isidro Parga Pondal.
– Asociación de Xoves Empresarios de Bergantiños (AXOBER).
coa colaboración de:
– Federación de Anpas da Costa da Morte
– Cámara de Comercio de Carballo
– consellaría de Educación e Ordenación Universitaria
Entre os obxectivos deste Fórum destaca o desexo de amosar a oferta formativa da comarca e no ámbito galego (Universidade, FP, Escolas Técnicas…) e atender as necesidades de información e orientación de familias e alumnado. Haberá stands, charlas e talleres aos que poden asistir as familias libremente.
Convidamos ás nais e pais do alumnado dos últimos cursos da ESO e bacharelato a visitar o Fórum no seguinte horario:
– xoves 24 de abril: de 10:00 a 14:00 h. Tarde: de 16:00 a 20:00 h.
– venres 25 de abril: de 10:00 a 14:00 h
O xoves 24 pola tarde, haberá conferencias para as familias do alumnado que xa está en idade de elixir o itinerario para o seu futuro.
Lugar: FORUM CARBALLO (instalacións do Concello de Carballo destinadas á formación ocupacional e continuada e a outras actividades de Promoción Económica e do Emprego).
Para máis información: http://www.forumcarballo.org/
Tamén podes contactar co número de teléfono 644 32 61 32 (Chelo das ANPAs da Costa da Morte)
Comentarios recentes