Acordos adoptados na reunión das Anpas da Costa da Morte deste pasado fin de semana en Vimianzo:
– Comezar a recollida dos certificados das ANPAs sobre a campaña da gratuidade dos libros de texto e todo o material escolar na Costa da Morte.
– Remitir comunicados ás familias para que participen nas Xornadas Forem-Fórum organizadas polos centros de Ensino Público das comarcas, a realizar en Carballo. Estas xornadas serven de escaparate para ver a oferta educativa post-obrigatoria e as saídas laborais das comarcas da Costa da Morte. En vindeiras datas a federación enviará comunicados ás ANPAs con máis información para remitir ás familias, pois son os destinatarios das devanditas xornadas.
– Realizar a II Xuntanza de Anpas Galegas (24 de maio de 2014) en Vimianzo que abarcaría os apartados de xestión, lexislación, funcionamento, normativas, obrigas fiscais, contabilidade…); Charla sobre a LOMCE (como quedará a súa aplicación práctica no Ensino Público); Visita ao Castelo de Vimianzo con actividade teatralizada; Roteiro pola Costa da Morte.
– Comezar os contactos para organizar unhas xornadas NEAE a principios do vindeiro curso escolar (setembro) sobre Necesidades Específicas e Atención Educativa con diversos colectivos, profesionais, familias,… con ampla experiencia neste tema.
Comentarios recentes