Xornadas de atención á diversidade 2014
A atención á diversidade é o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais do alumnado.
Animámosvos a inscribirvos nas xornadas que organiza FOANPAs de Vigo, o 5 de abril en Vigo, e as ANPAs Brigantium e Carregal de Betanzos os días 9 e 10 de maio.
– En Betanzos, a ANPA Brigantium (do CEIP Francisco Vales Villamarín) e a ANPA O Carregal (do IES Francisco Aguiar) de Betanzos organizan as III XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE que contarán con profesionais de recoñecido prestixio nese campo. Para acceder ao contido das actividades clica en Programa.
Para inscribirse:
Persoal docente:
https://www.edu.xunta.es/fprofe/
Non docentes:
http://anpabrigantium.blogaliza.org/
– En Vigo, Foanpas (Federación Olívica de ANPAs de Centros Públicos) organiza as II Xornadas de Inclusión Educativa que están abertas a nais, pais, mestras/es, orientadoras/es, terapeutas, educador@s sociais, traballador@s sociais, psicólogos/as… Falarase sobre as NEAE, a lexislación que as regula, materiais que podemos utilizar, a adaptación do mobiliario e, sobre todo, compartirase experiencias.
Inscricións no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com
1 Response
[…] Apróbase a asistencia a Xornadas de atencióná diversidade ao longo de todo o2014 para formarnos en […]