Sobre os deberes para a casa
A lexislación autonómica galega vixente (Orde 22/7/1997) prohibe os deberes en infantil e primeiro ciclo de primaria e redúceos a casos excepcionais e de forma ocasional en segundo e terceiro ciclo. Na práctica, e a pesar da lexislación, as tarefas para casa están á orde do día na maioría dos centros educativos, na actualidade.
Pero unha noticia que saíu na prensa sobre este tema é que se anunciou unha futura normativa pola que se dará vía libre aos centros educativos para decidir se mandan deberes para casa ou non.
Haberá axiña novas disposicións legais? O tempo dirá…
Esta é a lexislación actual:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970902/AnuncioAD56_es.html
Comentarios recentes