Premios Rosalía e Werto das ANPAs da Costa da Morte
Na reunión extraordinaria que tivo lugar o xoves 13 de febreiro de 2014, a federación de ANPAs da Costa da Morte outorgou os premios Rosalía en defensa do Ensino Público e Werto en contra do Ensino Público.
O premio Rosalía foi concedido á Plataforma en Defensa da Montaña e do Rural. O premio Werto foi concedido ao ministro de Educación, Cultura y Deporte, José Ignacio Wert Ortega.
As razóns foron comunicadas, tanto á membros da plataforma como a través do correo “atención ao cidadán” do ministerio de educación e ao correo do presidente do goberno do estado.
Rosalía e Werto serán entregados o sábado 22 de febreiro, ás 18:00 horas, no acto do primeiro aniversario da federación de ANPAs da Costa da Morte, que terá lugar no Pazo da Cultura da Cultura de Carballo.
Comentarios recentes