Aniversario da federación de ANPAs da Costa da Morte e entega de Premios Rosalía e Werto.
Nun dinámico e emotivo acto, tivo lugar o acto de celebración do primeiro aniversario das ANPAs da Costa da Morte no Pazo de Cultura de Carballo.
Fixo de mestra de cerimonias a compañeira da ANPA de Sardiñeiro (Fisterra), Consuelo Lestón, que agradeceu a presenza de todas as persoas e colectivos por acompañarnos nesta celebración.
Subliñou Consuelo que as ANPAs da Costa da Morte quixemos compartir a satisfacción do traballo feito e cargar as pilas para enfrontar o moito que queda por facer, nestes tempos en que o Ensino Público recibe ataques sen precedentes daqueles que o ven como un negocio e non como un dereito de todas as nenas e nenos. A nós, como nais e pais, tócanos a tarefa de defendelo – indicou a presidenta da ANPA de Sardiñeiro.
De seguido, Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, mestre comprometido co Ensino Público Galego dou a benvida a Carballo a tod@s @s participantes da xornada, subliñando a importancia de que todas e todos participemos na defensa do Ensino Público Galego, rematando a súa intervención coa lectura duns textos do escritor galego Manolo Rivas.
O presidente da Federación, Xosé Antón de la Fuente Subiela, fixo referencia, en nome de todas as ANPAs, ao ano de existencia da federación e convidou a ver o vídeo “un ano de existencia” da federación de ANPAs da Costa da Morte.
Posteriormente, fíxose entrega do premio Werto e Rosalía. O Werto pensado para denunciar publicamente a persoas, entidades ou institucións cuxas decisións supoñen un ataque ao Ensino Publico. O Rosalía, en recoñecemento da labor de persoas, entidades ou institucións, cuxa loita en defensa do Ensino Público debe ser recoñecida publicamente e difundida.
O presidente da federación de ANPAs quixo facer a entrega do seu premio a Ignacio Wert Ortega, ministro de educación, pero non asistiu a recepción do seu merecido premio Werto.
O presidente da Confederación de ANPAS GALEGAS, Javier Sánchez, foi o encargado de entregar o premio Rosalía, concedido á Plataforma en defensa do Rural e da Montaña.
As e os representantes da Plataforma tamén fixeron un negativo agasallo a Wert polo seu recoñecido ataque ao Ensino Público (rolo da Wertgoña) e un positivo á federación de ANPAs da Costa da Morte, polo súa resistencia aos recortes e á lei Wert.
Rematou o acto cun monólogo sobre o ensino a cargo da actriz Cristina Moreira.
A federación de ANPAs da Costa da Morte estivo acompañada neste acto por:
Alcalde de Carballo.
Alcalde de Vimianzo.
Tenente de Alcalde de Zas.
Responsábel comarcal do BNG.
Concelleir@s do BNG de Carballo e A Laracha.
Candidato do PP carballés á alcaldía.
Representante de CIG Ensino.
Representante da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público.
Integrantes da Plataforma en defensa da Montaña e do Rural.
Presidente da Confederación de ANPAs Galegas.
Presidente e secretaria de Anpas Compostela.
Presidente da federación de Ferrolterra (Feanpas).
Secretaria técnica da federación provincial de ANPAs de Lugo (Fapacel).
Portavoz da federación Olívica de ANPAs de Vigo e comarca (Foanpas).
Presidenta da federación de ANPAs de Val Miñor.
Representante de ANPAs de Arteixo.
Representantes de ANPAs de Betanzos.
Anpas da Costa da Morte.
2 Responses
[…] nun dinámico e emotivo acto en defensa do Ensino Público Galego, na celebración do primeiro aniversario das ANPAs da Costa da Morte que tivo lugar no Pazo de Cultura de […]
[…] Fedanpa. […]