Agra Solidario en Cee
Neste curso 2013/14 arranca “AGRA SOLIDARIO, por tod@s e para tod@s”, un proxecto da comunidade do IES Agra de Raíces de Cee que pretende educar en valores e ao mesmo tempo achegar algunha axuda a aqueles fogares que peor o están a pasar. Nel participa toda a comunidade educativa, o sector servizos, empresarial e industrial e os medios de comunicación.
No día de hoxe, luns 16 de decembro de 2013, inaugurouse o acto coa presenza d@s organizadores, ANPA, Dirección e Profesorado. As vendas foron moi boas ao longo da mañá.
Incorporamos unha galería fotográfica
Comentarios recentes