Letras e Música para paralizar a LOMCE
Unha vez máis na Costa da Morte organizamos unha mobilización en contra da LOMCE. Nesta ocasión a protagonista foi a música co grupo MalaVida, ademais das persoas representantes dos diversos colectivos da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que leron o Decálogo contra da LOMCE, e o poeta bergantiñán, Paco Souto, quen, en representación do mundo da Cultura Galega leu o Manifesto da Cultura Galega contra a LOMCE .
Galería de imaxes e vídeos
Dese xeito amosamos, unha vez máis, o noso rexeitamento á LOMCE e exiximos a retirada desta lei reaccionaria, clasista, españolizadora, privatizadora, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e que expulsará do ensino ao alumnado con menos recursos.
Con estes actos, os colectivos integrantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público demos continuidade á loita contra a LOMCE despois do éxito da folga do 24 de outubro e das mobilizacións nas que participamos milleiros de persoas en todo o País.
Comentarios recentes