Ampliando as axudas aos centros privados, recortando no Ensino Público
A Consellaría de Educación publicou no DOG de 31 de outubro a orde pola que se convocan axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Unha partida que mantén o incremento orzamentario respecto de 2011, superior ao 37%”. Esta é unha aportación extra, por riba do propio concerto que teñen establecidos estes centros, ningún deles de Educación Especial.
Así, a cantidade destinada a estes centros pode ascender este ano a 300.000 euros, (287.534 para os centros de infantil, primaria e secundaria e 12.466 para FP).
Estas subvencións permítelles a estes centros prestar servizos, modificar instalacións e contratar persoal que os centros públicos, nin sequera os de Educación Especial. Estamos pois ante un caso flagrante de discriminación en favor do ensino concertado.
Só hai que fixarse no que nos está a pasar coa falta de profesorado de NEE nos centros de Ensino Público das comarcas da Costa da Morte (e ao longo de todo o País), grazas aos recortes aplicados polo goberno da Xunta de Galiza.
ligazón á orde publicada no DOG: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131031/AnuncioG0164-281013-0002_gl.html
A noticia aparece publicada en:
Comentarios recentes