Recurso administrativo contra o decreto de comedores e as federacións de anpas belixerantes
A federación de anpas da Costa da Morte (a federación máis nova de Galiza), ANPAs Compostela*(cofundadora de ANPAs Galegas) e a de Lugo (a máis grande de Galiza e unha das máis grandes do Estado) son consideradas as federacións máis belixerantes contra a implantación das medidas de desmantelamento do Ensino Público impostas polo goberno.
Estas federacións estamos preparando un recurso administrativo contra o decreto de comedores do goberno galego (que está fomentando, con estas e outras medidas restrictivas, a inxustiza no ensino) ao que xa se están a sumar outras federacións * e colectivos en defensa do Ensino Público Galego, como sinala a noticia no xornal El País
Aínda que a rebelión das federación de ANPAs se circunscriba a comarcas concretas, ciudades e provincia (a Costa da Morte, Compostela e Lugo) todas e todos sabemos que o malestar é xeral en toda Galiza. O número de alumnas e alumnos que a partir de agora debe pagar nos comedores escolares increméntase considerablemente con respecto aos anos pasados.
- Unha das federacións que tamén vai impugnar o recurso é a federación de ANPAs Compostela e Comarca, aínda que non aparece na noticia do xornal.
Comentarios recentes