Primeiro encontro de Federacións de ANPAs e Anpas Galegas.
A FAPACEL (a máis grande das federacións de Anpas Galegas) organiza o primeiro encontro de ANPAs na cidade de Lugo, o vindeiro 9 de novembro, co fin de intercambiar impresións e coñecernos as Anpas Galegas.
Este convite, que recibimos na Federación de ANPAs da Costa da Morte, servirá para convidar ás anpas da nosa comarca a ese encontro pois, como sinalan desde FAPACEL, cantas mais experiencias diversas se poidan encontrar, máis reforzadas sairemos todas as anpas.
Este tipo de reunións, tan necesarias, é a primeira vez que se realiza na historia das anpas a nivel galego. Un primeiro paso para a unión das Anpas Galegas.
.
Ligazón ao programa: http://www.fedanpas.gal/wp-content/uploads/2013/10/programa-anpas-encontroIMP.pdf
Comentarios recentes