Un modelo lingüístico e estilístico polo que guiarnos
A Universidade da Coruña editou un volume, dunha serie, que pretende ofrecer un modelo lingüístico e estilístico para os escritos institucionais da Universidade e do que, todas e todos, nos deberiamos guiar.
Comentan no capítulo sexto – emprego de linguaxe non sexista – do volume que á hora de redactar un texto adoitamos empregar, aínda que sexa de xeito inconsciente, unha linguaxe discriminatoria con respecto ao sexo feminino. Isto é debido á condición do xénero masculino como termo non marcado e asociado aos dous sexos cando empregamos un nome xenérico ou descoñecemos o sexo da persoa a que vai destinado o noso escrito. A falta de utilización de moitas das formas femininas explícase pola ausencia de mulleres neses cargos ou profesións. Mais, dado que a muller se está a introducir cada día en máis ámbitos, é necesario mudar –seguindo as recomendacións internacionais a este respecto– a situación e adaptar a lingua á realidade xenérica en que nos atopamos. Isto repercutirá, ademais, na creación dunha linguaxe máis democrática e máis directa, de xeito que se estableza unha relación menos distante entre as persoas que se comunican.
Para máis acceder aos datos clica na ligazón da liña inferior:
http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf
Comentarios recentes