Sobre o contencioso administrativo contra o decreto de comedores e a marcha contra a LOMCE
O mércores, 11 de setembro, celebrouse no Pazo da Cultura de Carballo unha Asemblea da Federación de Anpas da Costa da Morte coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Información e debate sobre a reunión celebrada na Plataforma Galega en defensa do Ensino Público.
3. Debateuse e aprobouse a participación da federación de ANPAs da Costa da Morte na presentación dun recurso Contencioso Administrativo que presentaremos os colectivos integrantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contra o Decreto de 08/2013 de Comedores Escolares.
4. Analizouse a preparación da marcha do 28 de Setembro en Compostela contra a LOMCE.
5. Tratáronse diversos temas sobre relativos ao comezo de curso (recorte profesorado e especialistas, masificación aulas e aumento de ratios, pago de libros e material escolar, ….)
6. Ratificación ingreso en Anpas Galegas
2 Responses
[…] debido á aprobación de medidas como a limitación da gratuidade nos libros de texto, o novo decreto de comedores, a suba das taxas na universidade, a redución das bolsas ou a suba das matrículas nos […]
[…] comunicou que, como secretario da federación de ANPAs da Costa da Morte, traballa na presentación dun recurso Contencioso Administrativo que presentarán as federacións de anpas e colectivos integrantes da Plataforma Galega en Defensa […]