Imos que hai que ir! Contra a LOMCE e a favor do Ensino Público Galego nin un paso atrás!
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, na que está integrada a Federación de ANPAs da Costa da Morte, convoca unha marcha para o día 28 de setembro, que sairá ás 10:30 horas de catro puntos distintos: Rúa de Viaduto da Rocha, Rúa de Boisaca, Monte do Gozo e Lamas de Abade e rematará na Praza de Praterías, ás 12:00 h., en Santiago. Na dita praza, de 12:00 a 13:00 horas realizaríase unha concentración para pechar o acto.
As ANPAs e colectivos en defensa do Ensino Público da Costa da Morte chegaremos en bus á rúa Boisaca (despois do polígono do Tambre). Alí hai que estar ás 10:30 da mañá, onde nos xuntaremos cos manifestantes da Coruña e Ferrol para comezar a camiñada (aproximadamente 3 kms.) cara a praza de Praterías.
• Marcha Polígono do Tambre- Praza de Praterías: Rúa de Boisaca- Avenida do Cruceiro da Coruña- Praza de España- Praza da Paza- San Caetano- Rúa da Pastoriza- Rúa de Basquiños- Rúa de San Roque- Rúa da Algalia de Arriba- Rúa da Calderería- Praza de Cervantes- Rúa da Azibechería- Praza da Quintana- Praza de Praterías.
Que facer para coller praza no bus da Costa da Morte:
Quen sexa da comarca de Bergantiños debe contactar con Fernando, secretario da federación de ANPAS da Costa da Morte (teléfono 650426953).
Para os da Costa da Morte, zona sur (comarcas de Soneira e Fisterra) contactar con Rosa (anpa Raíces de Cee, teléfono 645403981).
Como a ruta a realizar polo autobús depende da cantidade de participantes, necesitamos sabelo canto antes (para comunicarllo á empresa de transportes).
Os outros tres percorridos (outras comarcas do País) da Marcha en Compostela, até xuntarnos tod@s, en Praterías son:
• Marcha Ponte da Rocha- Praza de Praterías: Rúa do Viaduto da Rocha- Avenida Antonio Fraguas- Rúa da Volta do Castro- Rúa da Choupana- Rúa de Santa Marta de Arriba- Avenida de Rosalía de Castro- Avenida de Xoán Carlos I- Porta Faxeira- Rúa do Vilar- Praza de Praterías.
• Marcha Lamas de Abade- Praza de Praterías: Lamas de Abade- Rúa de Restollal- Rúa de Amor Ruibal, Rúa do Horreo-Rúa das Orfas- Rúa Nova- Praza de Praterías.
• Marcha Monte do Gozo-Praza de Praterías: Monte do Gozo (diante da residencia)- Costa de San Marcos- Rúa de San Lázaro- Rúa do Baliño- Rúa das Fontiñas- Rúa da Fonte dos Concheiros- Rúa dos Concheiros- Rúa de San Pedro- Casas Reais- Praza de Cervantes- Rúa da Azibechería- Praza da Quintana- Praza de Praterías.
Na defensa do Ensino Público Galego, nin un paso atrás.
Estamos a defender o futuro das fillas e fillos do noso País.
Comentarios recentes