As mobilizacións realizadas ao longo deste ano 2.013 desembocan na marcha contra a LOMCE.
As diversas mobilizacións contra os recortes no Ensino Público realizadas pola Plataforma Galega en defensa do Ensino Público desembocan na marcha contra a LOMCE do vindeiro 28 de setembro.
O 28 de setembro, coincidindo co debate parlamentario da LOMCE, levarase a cabo unha Marcha a Compostela dende diferentes localidades e comarcas do País, percorrendo a pé os últimos quilómetros dende as catro estradas máis importantes de acceso a Compostela (Ourense, Lugo, Pontevedra, A Coruña).
A Plataforma e os colectivos que a integramos ofrecemos autobuses desde as diferentes comarcas. Os autobuses chegarán a Santiago á Ponte da Rocha, inmediacións do CEIP Lamas de Abade, Polígono do Tambre e Monte do Gozo.
Desde estes lugares, desde os que sairán a pé, ás 10:30 horas, as e os participantes dirixiranse á Praza de Praterías, na que se fará, ás 12.00 horas, un acto reivindicativo de remate de acto contra a LOMCE.
A LOMCE, que pretende aprobar o goberno do PP, incrementará as dificultades para que o alumnado das familias con menos recursos podan estudar. Xa no inicio deste curso escolar 2013-2014, o incremento do gasto escolar vaille dificultar o acceso á educación dos seus fillos a moitas familias, debido á aprobación de medidas como a limitación da gratuidade nos libros de texto, o novo decreto de comedores, a suba das taxas na universidade, a redución das bolsas ou a suba das matrículas nos conservatorios.
Pero esta Marcha contra a LOMCE ven precedida de mobilizacións previas dos colectivos que integramos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público:
30 de maio en San Caetano
Entrega dun escrito no que se instou ao conselleiro de Educación para que (ao igual que fai o goberno vasco e catalá) o Goberno Galego presione ao Goberno do Estado co obxectivo de non aprobar LOMCE, por ser unha lei recentralizadora, clasista, clerical, sectaria, antigalega e segregadora.
5 de xuño en San Caetano
Concentración diante da Consellería de Educación. Simulación de “apertura” dun expediente disciplinario ao Ministro Wert. Unha mobilización en contra da LOMCE que consistiu na representación dun xuízo que rematou coa apertura dun expediente disciplinario ao Ministro Wert – habida conta do seu maltrato ao ensino público – e coa súa expulsión do Sistema Educativo.
13 de xuño. Música e poesía en contra da LOMCE
Nas distintas comarcas do País celebráronse diversos actos contra a LOMCE que consistiron na lectura de diferentes textos por persoas das diferentes organizacións en defensa do ensino público e anpas de distintas localidades, así como actuacións musicais e recitais poéticos
Último claustro do curso do pasado curso
A través da Plataforma instamos aos diferentes claustros dos centros educativos para que no derradeiro claustro deste curso académico sacasen unha resolución en contra da LOMCE e dos recortes no ensino público deste País.
Mocións nos concellos
Solicitouse aos grupos municipais dos diferentes concellos de Galiza que demanden, nos respectivos plenos municipais, a aprobación dun texto solicitando a non aprobación da LOMCE para que se faga chegar ao conselleiro de Educación.
Cacharelas
Transmitimos as nosas reivindicacións ás diferentes vilas, cidades e aldeas, co fin de que nas cacharelas do país se “queimase a LOMCE” de xeito simbólico.
Reclamamos a retirada da LOMCE na Comisión de Educación no Congreso dos Deputados.
O 15 de xullo, a través da intervención de Anxo Louzao, (da CIG Ensino e da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público) que compareceu representando a postura dos colectivos galegos, rexeitamos a LOMCE.
Louzao foi felicitado pola claridade da exposición e por ter tratado os puntos esenciais que explican a nosa oposición á lei Wert. Rematada a exposición, recibiu máis de 40 preguntas dos representantes dos 5 grupos parlamentarios presentes.
Camiñando coa Plataforma da Montaña e do Rural na defensa do Ensino Público.
Na Costa da Morte organizouse, coa Plataforma en Defensa da Montaña e do Rural e FAPACEL un roteiro reivindicativo en defensa do Ensino Público Galego na Montaña e do Rural “Camiñamos por un Ensino Público Galego de calidade e contra os recortes” que rematou o 7 de setembro.
11 de setembro. Concentración diante da Consellaría de educación.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrámonos diante da Consellaría de Educación, coincidindo co inicio do curso en ensino infantil e primaria. Durante o acto, as e os asistentes construíron os lemas “Non aos recortes na educación” e “retirada da LOMCE” con letras de gran formato para escenificar a oposición da comunidade educativa á política de desmantelamento do ensino público e á aprobación da LOMCE.
Tamén entregamos un escrito ao conselleiro de Educación no que solicitou, unha vez máis, que atenda a exixencia da comunidade escolar galega de retirar a lei Wert.
A concentración desemboca na mobilización prevista para o 28 de setembro e que consistirá nunha Marcha a Santiago.
Marcha a Santiago de Compostela contra a LOMCE
O 28 de setembro, coincidindo co debate parlamentario da LOMCE, levarase a cabo unha Marcha a Compostela dende diferentes localidades e comarcas do país, percorrendo a pé os últimos quilómetros dende as catro estradas máis importantes de acceso a Compostela (Ourense, Lugo, Pontevedra, A Coruña).
A Plataforma e os colectivos integrantes ofrecerán autobuses desde diferentes comarcas. Os autobuses chegarán en Santiago a Ponte da Rocha, inmediacións do CEIP Lamas de Abade, Polígono do Tambre e Monte do Gozo.
Desde estes lugares, desde os que sairán a pé, ás 10:30 horas, as e os participantes dirixiranse á Praza de Praterías, na que se fará, ás 12.00 horas, un acto reivindicativo final.
Comentarios recentes