Oferta de 300 mil euros para a contratación privada de cursos de Inglés nos centros de ensino en horario lectivo

A Federación de ANPAS da Costa da Morte, do mesmo xeito que outras federacións de anpas galegas e o sindicato maioritario de Ensino (CIG), rexeita e pon de manifesto o seu malestar polo malgaste de cartos que a Consellería de Educación segue a facer cos cartos públicos.
Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria saca a licitación unha oferta de 300 mil euros para contratar unha empresa privada para dar cursos de Inglés nos centros en horario lectivo, continuando o proceso de PRIVATICIÓN do Ensino Público. Que pasa co profesorado especialista na materia de inglés que están nas listas e non se chaman porque a consellaría afirma non ter cartos para cubrir prazas que son necesarias nos centros de ensino?
Se a Consellería de Educación lle sobran tantos euros, esta Federación, e outras máis, pódelle facilitar unha listaxe (facilitámoslla de balde) de necesidades prioritarias en que investilos:
– Aumentando profesorado.
– Incrementando as becas.
– Diminuíndo a ratio de alumnos aula.
– Incrementando o número de mestres especialistas no rural.
– Evitando o repago dos comedores.
– Non eliminando rutas escolares.
– Volvendo á gratuidade dos libros de texto.
– Aumentando os presupostos para gastos xerais dos centros de ensino.
– Tomando medidas para paralizar a LOMCE.
Poderiamos seguir e podemos colaborar coa Consellería para que cubran as necesidades dos nosos centros públicos de ensino e deixen de tirar cartos en facer que se fai, ademais de instar á Xunta de Galiza que DEIXE DE DESMANTELAR O ENSINO PÚBLICO.
Comentarios recentes