Mudanzas nos criterios de asignación das bolsas de axuda ao estudo.
Podes descargar a resolución aquí: http://www.fedanpas.gal/wp-content/uploads/2013/08/bolsas-etudos-2013_2014.pdf
Sae publicado no xornal Sermos Galiza que o ministerio computará a vivenda d@ familiar máis próxim@ ao centro de estudos aínda “que non coincida co domicilio legal do solicitante”. Nel recolle a resolución de convocatoria das bolsas de axuda ao estudo para o curso 2013-2014.
A norma atinxe ás ensinanzas superiores, non obrigatorias, universitarias ou non –agás doutoramento estudos de especialización e títulos propios de universidades. Inclúense pois as Formacións Profesionais de grao medio ou superior e as Escolas oficiais.
A medida, que non foi anunciada polo executivo español, impedirá acceder a unha axuda de 1.500 euros a aquel@s estudantes que teñan un/ha familiar vivindo na mesma cidade ao considerarse que ese é o domicilio d@ solicitante en troca da súa residencia legal (alí onde está empadroad@).
Entre as mudanzas que recolle a convocatoria estabelece unha serie de “obrigas” para @s estudantes que deberán “destinar a bolsa á finalidade para a que se concede”, segundo recolle o texto. Entre elas re-embolsar a contía percibida nos supostos explicitados na propia resolución. Isto é, anulación da matrícula ou non ter superados os créditos exixidos.
No caso das ensinanzas non universitarias, non ter asistido a un mínimo do 80% de horas lectivas ou non ter aprobados o 50% das materias, créditos ou horas matriculadas.
Comentarios recentes