Ensino Público versus Ensino Privado
Varios medios de comunicación fixeron público estes días a cualificación obtida nos exames para concorrer aos Premios Extraordinarios de Bacharelato do ano 2.013. A este premio presentáronse 800 alumnos de centros públicos e privados de toda Galiza. Para poder participar nestas probas, o alumnado debe obter unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos (media de sobresaliente).
O resultado amosa uns datos ben interesantes no listado provisional (publicado na web da Xunta de Galiza):
nos 15 primeiros postos para conseguir os premios Extraordinarios hai 12 alumn@s de centros públicos (entre eles una alumna dun centro da Costa da Morte) e só hai 3 de centros privados. Se atendemos aos parámetros “Wert” e avaliamos a calidade polos resultados obtidos, os centros públicos alcanzan os primeiros postos e os privados saen mal parados .
Todas e todos sabemos que a calidade do ensino non se avalía dese xeito (polo menos sería un sistema incorrecto) pero, como Wert e compañía usan a xestión das empresas privadas de ensino como exemplo a seguir, pois ese sistema de xestión privada tampouco sae tan ben parado. Verdade?
http://www.fedanpas.gal/2013/07/ensino-publico-versus-privado/
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2013/07/25/pense-cinco-primeros-estudiar-fisica/745749.html http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2013/07/25/insuperables-ingles-ciencias/745748.html
Comentarios recentes