Concentracións en contra da LOMCE na Costa da Morte convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
Estes actos expansivos, convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizáronse en todo o País.
Podes acceder a un listado de fotos do acto de Carballo clicando aquí.
Podes acceder a un vídeo e a un listado de fotos do acto de Cee clicando aquí
Tes tempo e queres acceder a un vídeo de maior duración sobre a concentración de Cee? Pois clica aquí
Para a organización da concentración, os distintos colectivos e anpas que integramos a federación, contactamos con diferentes persoas para que participasen no mesmo, lendo un parágrafo do manifesto, contribuíndo coa actuación musical ou recitando poemas en contra desta lei anti – educativa chamada LOMCE.
Os actos simultáneos en Carballo e Cee estiveron divididos en tres partes moi dinámicas e sen descansos.
En Carballo
– primeiro: actuación musical dos grupos de música MalaVida e lectura e interpretación das coplas contra a LOMCE por parte do público.
– segundo: recital poético a cargo de Paco Souto.
– como peche do acto foi o manifesto e decálogo da Costa da Morte contra a LOMCE (lido por membros da Plataforma: alumnado, profesorado, nais e pais) e as acusacións ao goberno estatal e á Xunta de Galiza
En Cee
– primeiro: actuación do grupo “Peta forte”, da escola de música de Cee e grupo de gaitas de Sardiñeiro.
– segundo: recital poético a cargo de Serxio Iglesias, Xaime Trillo, Suso Vaamonde, Mónica Góñez e David Creus. Tamén houbo textos de creación propia do alumnado.
– como peche do acto foi o manifesto e decálogo da Costa da Morte contra a LOMCE (lido polo alumnado, profesorado, nais e pais).
A federación de anpas da Costa da Morte, outras federacións de anpas e colectivos integrantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público estamos a mobilizarnos contra o chamado anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa e queremos amosar o noso total rexeitamento a unha lei reaccionaria, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino aos sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade.
Trátase dunha lei que pretende trasladar ao ensino público un modelo neoliberal, que afonda nas diferenzas sociais, no canto de contribuír a que todo o alumnado teña acceso en igualdade de condicións a unha educación pública de calidade.
www.fedanpas.eu
correo@fedanpas.gal
3 Responses
[…] organizaron os membros da Federación de ANPAS da Costa da Morte, integrada na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, actividades cultural-reivindicativas […]
[…] Información, fotos e vídeo da FEDANPA Costa da Morte. […]
[…] distintas comarcas do País celebráronse diversos actos contra a LOMCE que consistiron na lectura de diferentes textos por persoas das diferentes organizacións en defensa […]