A LOMCE a debate en Cabana de Bergantiños
As anpas da Costa da Morte somos conscientes que, aínda que está a rematar o curso escolar, temos que seguir informando á comunidade educativa (á parte á que aínda non chegamos) sobre a LOMCE. Por iso continuamos coas charlas ” A LOMCE a debate“.
Unha lei que, polas súas características, permitirá que só estude o alumnado de familias con alto poder adquisitivo, sigue sumando elementos que engaden polémica á xa existente polos perniciosos efectos da imposición das reválidas ou a eliminación do ensino en galego.
Lembremos que, neste proxecto de lei, a materia de Relixión volverá ser computable e terá o mesmo tratamento que Matemáticas, contará para a nota media, para a obtención de becas e a efectos de repetición de curso. A LOMCE vaise implantar con fondos europeos, ou sexa, conseguir entre un 50% e un 60% dos custos directos desta lei reaccionaria, sacándoos doutras partidas necesarias para a sociedade. Unha lei para uns poucos e pagada por todos.
Comentarios recentes