fotos das concentracións e manifestacións contra a LOMCE na Costa da Morte
Nas mobilizacións na Costa da Morte (cabeceiras de Comarcas de Cee e Carballo, xunto as concentracións en Baio e Cabana) expuxemos, unha vez máis, que a chamada LOMCE supón afondar na privatización do ensino, impoñendo unha ideoloxía neoliberal que afoga o sistema educativo galego e do resto do estado, aumenta a confesionalidade, liquida a xestión democrática dos centros, expulsa ao alumnado do ensino en idade temperá e pon en tela de xuízo o dereito á educación.
Comentarios recentes