e a LOMCE foi debatida en Vimianzo
Onte, no Auditorio da Casa da cultura de Vimianzo, a anpa San Vicenzo e a federación de anpas da Costa da Morte organizamos outro acto sobre “a LOMCE a debate”
O goberno pretende que a contrarreforma educativa, chamada LOMCE, siga adiante e suma elementos que engaden polémica á xa existente polos perniciosos efectos da imposición das reválidas ou a eliminación do ensino en galego. Lembremos que neste proxecto de lei a materia de Relixión volverá ser computable e terá o mesmo tratamento que Matemáticas, contará para a nota media, para a obtención de becas e a efectos de repetición de curso.
As anpas da Costa da Morte somos conscientes que temos que seguir informando á comunidade educativa (á parte á que aínda non chegamos) sobre a LOMCE. Por iso continuamos coas charlas ” A LOMCE a debate“.
Ligazón ás fotos aquí.
Comentarios recentes