CIG-Ensino considera abusivos os servizos mínimos fixados para a folga contra a LOMCE
Hoxe tivo lugar unha reunión coa Consellería de Educación co obxecto de negociar os servizos mínimos para a folga do ensino do día 9 de maio. A CIG-Ensino considera a proposta presentada pola administración arbitraria e desproporcionada. O sindicato maioritario no Ensino entende que, cos servizos mínimos establecidos pola Consellaría, non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do persoal que traballa para Educación, ao superar os servizos mínimos de folgas anteriores.
Comentarios recentes