Charla informativa en CEE sobre a nova lei de educación: a LOMCE a debate
CHARLA INFORMATIVA SOBRE A NOVA LEI DE EDUCACIÓN (LOMCE)
Que consecuencias terá para as nosas fillas e fillos a nova lei de educación (LOMCE)?
En que van consistir as reválidas?
Como se obterá o título da ESO?
Quen vai poder estudar?
Canto nos vai custar?
Cal vai ser a participación de nais e pais nos centros de ensino?
Para responder a estas preguntas e a todas aquelas que queirades realizar sobre a LOMCE asistide á charla informativa que terá lugar o mércores 8 de maio ás 20:00 horas. Salón de actos do concello de CEE.
Ponente: María Rei Vilas.
Licenciada en Bioloxía pola USC, DEA en Didáctica e Organización Escolar pola UDC e membro da federación de ANPAs da Costa da Morte
Organizan:
Comentarios recentes