As 3000 barquiñas de papel e as mulleres bravas da Costa da Morte.
Cando demos o paso para constituírnos en federación de anpas de centros públicos da Costa da Morte, co obxectivo de loitar para que o ensino público non perda calidade, agradabamos traballar ao ritmo tan intenso como o estamos a facer?
Na defensa do Ensino Público, día a día, saen novas dificultades e a colaboración das anpas co resto da comunidade educativa compensa os esforzos buscando a solución colectiva máis axeitada.
Pero outros tamén sementan maleficamente, desde o goberno central e co apoio da Xunta, prantas velenosas como a LOMCE para intoxicar o ensino público, debilitalo e exterminalo. Con esta lei reaccionaria queren liquidar a igualdade de oportunidades e expulsar do ensino aos sectores sociais máis desfavorecidos da nosa sociedade.
Aí temos que loitar todas e todos, a brazo partido e sen descanso contra esa lei españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional que pretende trasladar ao ensino público un modelo neoliberal que afonda nas diferenzas sociais no canto de contribuír a que todas e todos teñamos acceso, en igualdade de condicións, a unha educación pública de calidade.
Loitar contra este anteproxecto tan profundamente antidemocrático, que impón un sistema de reválidas, en desuso desde hai máis de 40 anos, pode ser até esgotador, pero hai iniciativas a favor do ensino público, das escolas rurais e contra a LOMCE que son pura poesía e que animan a seguir loitando cun sorriso (ese xesto amable de amosarlle os dentes aos que pretenden eliminar o ensino público, o de todas e todos):
O texto, literal do blog de Palmira e as palabras de Vica (a embaixadora da nosa federación alén da Costa da Morte) no blog da súa filla, falan desa escola aberta, positiva e transparente que lle fan lembrar o transparentes que son as persoas que a Vica lle gustan, porque pode ver o que teñen dentro.
Pois, todas e todos animados seguiremos, como sinalamos no anterior artigo, o camiño das mulleres bravas da Costa da Morte, preparando as seguintes charlas sobre a LOMCE e camiñando cara a xornada de loita do 9 de maio convocada pola Plataforma Galega en defensa do Ensino Público.
Na defensa do Ensino Público loitamos polo futuro das fillas e fillos do noso País.
Moito ánimo, moio de dios precisamos para darlle unha patada a esta lei! Moitas grazas polo artigo e sobre todo,para o que precisedes, tedes aquí dunhas mans que non paran. Espero poder vervos na charla de Cee! Cando é?
O mércores 8 de maio ás 8 da tarde no concello de CEE