A LOMCE a debate en Vimianzo
Advertido da insuficiencia financeira da contrarreforma, o Ministerio anuncia que, parte dese proxecto, o vai facer con fondos europeos. Ou sexa, conseguir entre un 50% e un 60% dos custos directos desta lei reaccionaria, sacándoos doutras partidas necesarias para a sociedade. Unha lei que, polas súas características, permitirá que só estuden as elites económicas e sacando o diñeiro necesario, para a súa aplicación, de todo o pobo.
O goberno pretende que a contrarreforma educativa siga adiante e suma elementos que engaden polémica á xa existente polos perniciosos efectos da imposición das reválidas ou a eliminación do ensino en galego. Lembremos que neste proxecto de lei a materia de Relixión volverá ser computable e terá o mesmo tratamento que Matemáticas, contará para a nota media, para a obtención de becas e a efectos de repetición de curso.
As anpas da Costa da Morte somos conscientes que temos que seguir informando á comunidade educativa (á parte á que aínda non chegamos) sobre a LOMCE. Por iso poñemos no seu coñecemento que continuamos coas charlas ” A LOMCE a debate“.
O vindeiro acto será en Vimianzo, o venres 24 de maio ás 21:00 horas, no Auditorio da Casa da cultura.
Organiza a anpa San Vicenzo de Vimianzo e a federación de anpas da Costa da Morte (integrante da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público).
Participa e difunde!
Comentarios recentes