A charla “a LOMCE a debate” en Cee foi outro éxito de participación
A folga contra a LOMCE semella que vai ser un éxito, polo menos na Costa da Morte. As fotos da xornada sobre a chamada lei Wert son un exemplo do que pode pasar.
A charla “a LOMCE a debate” na Costa da Morte, zona Sur, organizada pola nosa federación, como membros da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, na localidade de Cee e polas anpas do concello ceense (anpa Uxío e Agra de Raices) é un éxito incuestionábel.
Uns 114 participantes que serven de exemplo do que pasará mañán (máis ben hoxe). Noraboa a todas e todos polo enorme traballo dun acto informativo que as nais e país de alumnado necesitamos ( é una realidade que as terríbeis consecuencias da aplicación da LOMCE non son coñecidas pola maior parte das familias).
Nota: na foto aparecen Ana (da anpa Uxío) Víctor (da anpa do Ies A. de Raices) e María (relatora da LOMCE a debate) e un longo número de participantes que non cabían no foco da cámara.
3 Responses
[…] de Actos do Concello de Cee. A sesión nocturna tiña como nome “a LOMCE a debate” e a Federación de Pais e Nais da Costa da Morte, como membros da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, coordina estas […]
[…] Información da FEDANPA. […]
[…] Información da FEDANPA. […]