9 de maio e a xornada de loita contra a LOMCE na Costa da Morte
A folga do 9 de maio contra a LOMCE é a xusta continuación dun proceso de mobilizacións encamiñado a paralizar este proxecto de lei destrutora do ensino público. Desde a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público, da que a nosa federación de ANPAs forma parte, vimos realizando un intenso labor de información e mobilización contra a LOMCE entre os que están numerosos actos e accións como xornadas, charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e peches rotatorios no mes de abril.
O mércores 8 de maio realizaremos outra charla e posterior debate, en CEE, sobre esta inxusta lei Wert e as terríbeis consecuencias da súa aplicación. Ao día seguinte participaremos nas concentracións – manifestacións en CEE e Carballo. E seguiremos na xusta loita en contra da da inxustificábel LOMCE.
Lugares das manifestacións e concentracións na Costa da Morte :
CEE e Carballo ás 11:30 h. do día 9 de maio.
– Concentración en CEE ás 11:30 h diante do IES Fernando Blanco.
– Concentración en Carballo ás 11:30 h na praza do Concello
É importante que as familias participen e fagan partícipes ao alumnado nestas mobilizacións, debido a que a LOMCE é un retroceso de décadas e porque elimina a igualdade de oportunidades, volvendo a unha sociedade na que o valor das persoas está en función da renda que posúen e na que o seu futuro depende de onde e en que familia se nace.
Comentarios recentes