Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á diversidade
Informamos que os días 10, 11 e 12 de maio vanse celebrar as II Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade en Betanzos. Estas xornadas están organizadas por nais, pais e profesorado e van dirixidas precisamente a docentes e non docentes. Unhas xornadas similares está a organizar FOANPAS de Vigo, a través da súa Comisión NEAE as “I Xornadas de Inclusión Educativa” de FOANPAS.
No primeiro caso, a xornada (12h) está homologada para o profesorado pola Consellería de Educación a través do CFR de A Coruña. Para nais e pais tamén emitirase unha certificación asistencial.
No arquivo que vos achegamos encontraredes tanto a programación, como unha breve presentación con información sobre como inscribirse. Hai dúas vías, unha para docentes (a través de CFR) e outra para non docentes (a través do blog da ANPA Brigantium). Importante: o prazo remata o 13 de abril.
http://www.fedanpas.gal/wp-content/uploads/2013/03/Programa_II_xornadas1.pdf
Anímannos a inscribirnos, tanto ás persoas que queiran vir das nosas anpas como fóra delas.
Algo máis lonxe da Costa da Morte, unha das federacións de Anpas Galegas presenta un programa similar e moi interesante:
FOANPAS de Vigo organiza a través da súa Comisión NEAE as “I Xornadas de Inclusión Educativa” de FOANPAS. Será o vindeiro 13 de abril no Verbum Casa das Palabras, sito en Avenida de Samil, 17 (Vigo).
Estas son unhas importantes xornadas para a comunidade educativa e sociosanitaria polo que nos animan a compartir esta experiencia.
Nas liñas inferiores tendes máis datos da xornada de Inclusión Educativa:
O que diciamos, dúas xornadas ben interesantes, para non perdelas!
Comentarios recentes