Vaia escándalo: as razóns de que non se dote de profesorado suficiente de AL, PT e Orientación no Ensino Público
Están aparecendo noticias que nos amosan a razón de que non se atendan as necesidades específicas e non se dote de profesorado especialista suficiente de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapeutica e Orientadores nos centros educativos do ensino público:
A consellaría “liberou” unha partida de 200.000 euros, que debería axudar para atender ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no ensino público, para entregarlla aos centros privados concertados.
Informan que esa cantidade é unha subvención extra, por enriba do propio concerto que teñen establecidos estes centros, ningún deles de Educación Especial, por encima dos máis de 240 millóns de euros que recibe o ensino privado concertado para o ano 2013.
Comentarios recentes