II xornada de formación
Nunha xornada con gran asistencia de público, que comezou ás 20:30 horas e rematou ás 23:30 da noite do venres 15 de marzo, Juan A. Villar López, Pepe Bustelo Tarrío, María Rei Vilas e Xosé Antón de la Fuente Subiela participaron na II xornada de formación que organizou a federación de ANPAs da Costa da Morte na localidade de Baio (Zas).
Esta actividade estivo dividida en tres apartados:
– A xestión das anpas.
– Referendo sobre os libros de texto e material escolar.
– A LOMCE a debate.
A alta participación das persoas asistentes á xornada fixo que o seu remate se retrasase unha hora.
Calquera dúbida puntual que lles xurda a partires deste momento ás directivas ou soci@s das anpas tamén poderá ser contestada a través do teléfono, correo electrónico (correo@fedanpas.gal) ou asistindo ás xuntas que celebramos. Como federación, un dos nosos obxectivos é cooperar con todas as anpas que o desexen.
Na defensa do ensino público todas e todos somos necesarios.
Comentarios recentes