Aprobamos a nosa adhesión á Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e na ASG
Na asemblea celebrada o pasado xoves 28 de febreiro, a federación de anpas da Costa da Morte aprobou por unanimidade adherirse á Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e na ASG.
Recentemente, a comunidade educativa galega a través de diferentes entidades (organizacións sindicais, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica, organizacións estudantís partidos políticos…) constituíu unha Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para manifestar o rexeitamento ao Real Decreto-Lei 14/2012, publicado polo goberno do Estado, esixir da Consellaría de Educación que non aplique en Galiza ningún dos recortes contidos no RD Lei e que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galiza.
A Alianza Social Galega, constituída por case sesenta organizacións sindicais e sociais, configúrase como o espazo plural e sectorial para a mobilización contra as políticas de recorte da Xunta de Galiza e pretende xerar o maior espazo de unidade e mobilización fronte aos recortes sociais e en dereitos, e na formulación de alternativas sociais fronte á crise.
Comentarios recentes