A Consellaría de Educación recorta de novo, agora nos gastos de funcionamento dos centros de ensino
Como se dun xornal de noticias fúnebres se tratase, a Xunta de Galiza, a través da consellaría de Educación, anuncia un novo recorte no ensino público. Despois de incrementar o copago nos comedores escolares, da eliminación de prazas de profesorado, da redución de orzamento para a consellaría de Educación, entre outras medidas restritivas, agora recorta nun total de 21 centros de ensino de Secundaria máis dun 20% a partida destinada a gastos de funcionamento.
Con esta medida, moitos centros terán serias dificultades para a súa xestión diaria, o que incidirá negativamente, aínda máis, no alumnado, dentro da campaña que o PP está a realizar contra o ensino público. Máis datos
Comentarios recentes