Rematamos co proceso de constitución da federación d e ANPAs da Costa da Morte
O 22 de febreiro rematamos o proceso administrativo de constitución da federación de anpas da Costa da Morte. Nel aportamos moitos esforzos, co obxectivo ben definido de defensa colectiva do ensino público no noso ámbito de actuación. Dese xeito, e atendendo ás leis vixentes, a Xunta Directiva xestionará a federación de ANPAs.
A XD, como órgano de goberno, reunirase cada mes do curso escolar. A convocatoria da mesma contemplará tamén ao conxunto das ANPAs adheridas á federación. Estará validamente constituída cando asista a metade máis un dos seus membros en primeira convocatoria e no prazo de media hora, calquera que sexa o número de asistentes.
As persoas que compoñen a Xunta Directiva son as seguintes:
María Isolina Loureiro Tasende (vogal).
Juan Antonio Villar López (vogal).
José Bustelo Tarrío (tesoureiro).
Fernando Gesto Montes (secretario).
Mª Consuelo Fraga Bértoa (vicepresidenta).
Xosé Antón de la Fuente Subiela (presidente).
Comentarios recentes