Avanzamos no traballo na federación de anpas da Costa da Morte
Avanzamos no traballo na federación de anpas da Costa da Morte. Esta semana outra anpa máis (do colexio da Cristina de Carballo) informou da realización do referendo dos libros de texto e material escolar no seu centro de ensino.
Como sinalamos noutra ocasión, esta iniciativa da federación de ANPAs da Costa da Morte é moi importante, pois calquera pode comprobar a dura situación na que se atopan as familias debido a crise social e económica, o desemprego e as reducións salariais que o poderoso sistema nos impón. As bolsas destinadas á axuda de compra de material son insuficientes para garantir que todo o alumnado estea provisto dos libros de texto e outro material necesario, mentres as familias están a cada paso máis empobrecidas.
Desde nosa federación estamos a promover unha reclamación diante da consellería de Educación e Ordenación Universitaria para que esa consellería organice un sistema de reutilización dos libros de texto e material escolar no sistema público de ensino.
Se queres participar neste referendo, ponte en contacto con nós a través do noso correo electrónico: correo@fedanpas.gal
Comentarios recentes