Recurso contencioso administrativo contra o decreto que filtra ao alumnado
Anúnciase a presentación dun recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o decreto de admisión de alumnado aprobado pola Xunta.
Consideran quen a decisión da Xunta responde ao obxectivo de facilitar que a ordenación do sistema educativo nos grandes núcleos de poboación se faga en función dos intereses do ensino privado concertado, deixando o público como subsidiario sen garantir a igualdade de oportunidades, o acceso a un ensino público e laico e a transparencia nos criterios de admisión. O decreto tampouco garante o dereito a que os pais e nais poidan escolarizar os seus fillos ou fillas no ensino público e teñan que facelo, por exemplo, nun centro con ideario confesional.
Comentarios recentes