O 31 de xaneiro mobilízate contra a LOMCE
As ANPAs da Costa da Morte concentrarémonos na Praza do Concello de Carballo (capital de Bergantiños) ás 19: 30 h. Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciaron en rolda de prensa mobilizacións en contra da aprobación da retrógrada Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). A Plataforma fai un chamamento ás nais e pais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto para que participen nas concentracións convocadas de xeito simultáneo para o 31 de Xaneiro nas ciudades como xeito de rexeitar os plans do goberno galego que elimina o dereito ao ensino público e de calidade do alumnado, reducen emprego e favorecen ao sector privado, en concreto á patronal da Igrexa.
Comentarios recentes