Novas concentracións en todo o País contra a LOMCE
Como integrante da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, a presidenta da federación provincial de ANPAs de Lugo, Elvira Lombao, anunciou a convocatoria de novas concentracións contra a LOMCE nas sete cidades galegas para o vindeiro día 31 de xaneiro, a partir das 19:30 h.
Tamén se realizarán debates e conferencias en todas as comarcas do noso país.
Ademais, fixo un chamamento ao conxunto da comunidade educativa (nais, pais, anpas, alumnado, PAS e docentes) para que rexeiten os plans do goberno galego que “reducen emprego e favorecen ao sector privado, en concreto á patronal da Igrexa” a través do chamado Anteproxecto da Lei de Mellora de Calidade Educativa (LOMCE).
Do mesmo xeito, subliñou que “Pediremos aos claustros dos centros de ensino que se posicionen sobre as medidas que pretende aprobar este goberno”. Aliás apoian a folga convocada polos Comités e a Liga para o día 6 de febreiro. Lombao denunciou que “o goberno galego non contou con nós para a realización desta lei polo que non estamos dispostas a aceptar a súa aprobación”.
1 Response
[…] ás 19:30 horas na praza do concello de Carballo celebraremos as ANPAs da Costa da Morte unha concentración contra a LOMCE, acto que convocou a Plataforma Galega en Defensa do Ensino […]