Non hai cartos da Xunta para o ensino público galego pero si para recurrir sentenzas xustas?
A finais do pasado mes de decembro, a asociación Queremos Galego recibiu a notificación de que a Xunta presentou un recurso de casación contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre o “decreto do plurilingüismo”, polo cal é presumíbel que vaia facer o mesmo coas outras sete que anulan por ilegais os eixos desta norma imposta polo PP. Ese tribunal determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado “decreto do plurilingüismo” no ensino son ilegais.
Ademais, indicoulle ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística. O Tribunal dálle así a razón aos colectivos que defendian o dereito a usar o galego no ensino.
Desde a Mesa animan ao conxunto da sociedade a se adheriren ao manifesto “Queremos galego na escola”, no cal se reclama a inmediata derrogación dun “decreto xuridicamente morto”.
Comentarios recentes