Neste comezo de ano superamos as 2.000 visitas
A páxina electrónica de Anpas da Costa da Morte superou as 2.000 visitas neste comezo de ano. Sen dúbida que, a pesar da modestia de medios e o mínimo tempo que leva na rede, son consideradas estas visitas uns grandes resultados. Dende que comezou a funcionar presenta unha información dinámica e útil para as anpas da Costa da Morte e, en xeral, para o resto de cidadáns. Cun formato sinxelo e información directa, o blog ofrece aos usuarios de Internet considerábel información sobre o ensino público galego.
Tamén ofrece diversas funcións (calendario, información xeral e específica sobre lexislación educativa dirixida ás persoas que integran as anpas, noticias, formas de contacto coa federación de anpas da Costa da Morte, entre outros). Agardamos que siga sendo unha ferramenta útil para todas e todos ao longo deste ano de funcionamento que vén por diante, tempo no que iremos engadindo novos datos.
Unha curiosidade, o día que máis entradas houbo, chegamos ás 177 visitas.
Unha aperta e grazas.
A xunta xestora da federación de ANPAs da Costa da Morte.
Comentarios recentes