Decálogo das ANPAs da Costa da Morte contra a LOMCE
Porque esiximos a retirada do anteproxecto da LOMCE?
- Porque carece de xustificación. Non se fundamenta nunha análise minimamente seria do sistema educativo, dos seus problemas e posibles solucións. Está feita de costas a toda a comunidade educativa, sen tomar en consideración ao profesorado, nin ao alumnado nin ás familias.
- Porque as avaliacións externas só serven para poñer obstáculos ao progreso do alumnado e colgarlles etiquetas. Ademais desprezan a labor do profesorado, deixando en mans alleas a avaliación do alumnado.
- Porque é unha lei clasista que favorece a expulsión do sistema educativa das nenas e nenos con menos recursos, que non poden pagarse clases de reforzo extras para superar as reválidas.
- Porque é unha lei que segrega ao alumnado, seperándoo por niveis, clase social, mesmo por sexo, promovendo os concertos con centros do Opus que separan nenas e nenos.
- Porque depois de superar ducias de materias durante 4 anos de ESO ou 2 de Bacharelato, non se pode xogar o título a un exame dun día.
- Porque os exames externos non aportan nada positivo e van custar millóns de euros de diñeiro público que imos pagar todas e todos.
- Porque pretende privatizar o ensino: favorece ao ensino privado, ampliando os concertos e quitando recursos do ensino público, que é o de todo o pobo.
- Porque é unha lei confesional e conservadora que antepón o ensino da relixión a doutras materias, mesmo no bacharelato, onde a materia de relixión ten un rango superior á nosa propia lingua, o galego.
- Porque é unha lei recentralizadora, que deixa sen autonomía ao profesorado para adaptar o currículo ás necesidades do seu alumnado e nega a realidade plurilingüística e pluricultural do estado español.
- Porque é unha lei autoritaria que elimina a participación das nais e pais, do profesorado e do alumnado, ao deixar os consellos escolares sen función, pasando de ser o consello escolar un órgano de goberno a ser consultivo sen ningún poder de decisión.
1 Response
[…] a federación de ANPAs da Costa da Morte cremos que hai razóns abondo, como expuxemos no noso decálogo, para apoiar a mobilización que os dous colectivos de estudantes realizarán o 6 de […]