Convidámoste á vindeira rolda de prensa das ANPAs da Costa da Morte
Na vindeira rolda de prensa, as ANPAs da Costa da Morte presentaremos a PROPOSTA PARA A IMPLANTACIÓN DUN PROGRAMA DE REUTILIZACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E PRÉSTAMO DE MATERIAL ESCOLAR (protocolo, anexos, consulta, remisión).
Lugar: Pazo da Cultura de Carballo.
Día: venres 11 de xaneiro.
Hora: 16:45
As anpas da Costa da Morte aprobamos celebrar este referendo debido ás negativas medidas aprobadas polo goberno central e autonómico contra o ensino público e a que neste curso 2012-13 estamos a ver a delicada, ou directamente desesperada, situación económica en que se atopan as familias debido a crise social e económica, a insoportable taxa de desemprego e as reducións salariais. As bolsas destinadas á axuda de compra de material son insuficientes para garantir, neste contexto, que todo o alumnado estea provisto dos libros de texto e material accesorio necesarios para levar a cabo as tarefas académicas do curso.
Diante desa situación, a federación de anpas da Costa da Morte, pretende promover a devandita reclamación diante da consellería de Educación e Ordenación Universitaria para que esa consellería organice un sistema de reutilización gratuíto dos libros de texto e material escolar.
Comentarios recentes