Avanzamos sen facer caso das cambadelas
Unha profesora do departamento de xornalismo da universidade comentou que “na súa acepción máis sinxela, a noticia é a transmisión dun feito novo a un público a través dun medio de comunicación masivo. A noticia como realidade construída, non é espello da sociedade. Axuda a constituíla como fenómeno social compartido, posto que no proceso de describir un suceso a noticia define e dá forma a ese suceso.
Pois ben, segundo se vai constituíndo, con forza e seguridade, a nosa federación vai sendo noticia, pero polo traballo que nela estamos a facer as anpas que nos agrupamos para defender o ensino público na Costa da Morte xa que, dese xeito, defendemos non só o futuro particular das nosas fillas e fillos senón, tamén , loitamos polas fillas e fillos das familias do noso país, no ámbito de influencia marcado polos estatutos.
Ben é certo que hai elementos que desde fóra da Costa da Morte están tentando poñerlle todas cambadelas posíbeis para dificultar o seu medre na defensa do ensino público galego. Pero semella que non o están a conseguir.
Un exemplo de que o esforzo que estamos realizando como federación é que na Costa da Morte estamos a ser un referente, como hoxe mesmo publica o xornal dixital da Costa da Morte.
Comentarios recentes